martes

A grande evasión dos violentos anos dez


 Xa é de noite e a iluminación da cidade está ben, as estrelas xa van tomando posición,non hai lúa, eu soñei con esta luz ,e noutro soño está todo o que eu non chegarei a sentir.

Todo empezou onde remata o asfalto,fas un estudo de mercado para ver se compensará o futuro ;Veñen os violentos anos dez ( coa estética do 82), nos anos dez a vida é así :

Vivimos nun iglú, nun lugar onde é posible aparentar que as persoas somos quen de ter ás,perdemos días facendo coma quen que non nos importa o que dirán,podemos ir pola esquerda e aparecer pola dereita, non hai repouso,a vida é así :
Hai un astronauta no balcón, o caos absoluto comanda a expedición,hai un vento que
se deixa tocar ; Soan banxos doutra dimensión ( o intenso que podería ser un saxofón),hai xente de pé bastante rara, hai xente que non está moi ben, everybody is dancing in the street.
-Estade quietos que bailades fatal!
-Deixa que che seduza o ritmo.



Se miras un pouco máis abaixo, máis abaixo aínda do corazón ,viaxarás cara a adentro nunha nave especial feita de cemento,escapando de min.Baixo os teus pés ten que crecer unha cidade afundida (dista moito de ser feliz)

 Este foi o meu planeta tan cheo de bolboretas que non hai sitio para a xente, onde o universo sodes vos.




 [ Pequenos anacos de dous discos de Ataque Escampe :
A Grande Evasión : Ataque Escampe – A Grande Evasión ]


No hay comentarios:

Publicar un comentario